SERVIZOS


Ademais do estudo, lectura ou consulta de información en sala, a BPM de Brión dispón dos seguintes servizos para os seus usuarios:

Servizo de empréstito a domicilio e Carné de Rede:

A Biblioteca conta cun servizo de empréstito a domicilio a disposición de todos os socios, pensado para gozar do pracer lectura comodamente nos nosos fogares.

Se dispós dun carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, aínda que sexa doutra biblioteca, xa podes acceder ao servizo. Senón, facerse socio é sinxelo, só fai falla acudir á biblioteca co DNI e darse de alta. Tamén podes facelo en liña. Consulta toda a información sobre este trámite na seguinte ligazón.

Os socios poderán levar ata tres libros e dous audiovisuais - multimedia (total, 5 items) durante un prazo de 21 días (libros) e 7 días (audiovisuais e multimedia: DVD, CD-Audio, CD-ROM). Os materiais poderán renovarse unha soa vez, no caso de non se atopar reservados por outro usuario ou outra usuaria (Total préstamo: 42/14 días).

Servizo de acceso a Internet. As novas tecnoloxías na biblioteca:

Unha biblioteca moderna debe funcionar coma un centro de recursos da información independentemente do medio ou soporte no que se transmitan os contidos susceptibles de ser consultados. Por iso, as modernas bibliotecas pretenden transformarse en “mediatecas” onde o libro, soporte tradicional de transmisión da información, conviva cos modernos medios audiovisuais e multimedia, sen esquecernos de Internet. O acceso aos recursos que ofrece a Rede está garantido coa presenza de nove computadoras de uso público,  pertencentes a Aula de Informática da Deputación da Coruña. Nelas os usuarios poderán consultar o catálogo da biblioteca e acceder a Internet.

Tamén resulta interesante mencionar outros servizos que presta a biblioteca aos seus usuarios, vinculado directamente ás novas tecnoloxías da información. Trátase dunha autentica biblioteca dixital que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural pon a disposición de todos os usuarios socios das bibliotecas públicas de Galicia. Conta cos seguintes servizos:

Hemeroteca dixital:

1. Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet :
A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet é un servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo : prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais. Presenta dúas seccións :

- "Noticias del día", en constante actualización para ofrecer a información máis recente. Inclúense, ademáis, ligazóns de interese a publicacións periódicas de carácter lexislativo, información sobre o tempo ofrecida por MeteoGalicia e AEMET, así como o IBEX 35 entre outros índices económicos.

- "Hemeroteca", permite a consulta de noticias retrospectivas e presenta dous tipos de busca (rápida e avanzada), que poden acotarse por áreas xeográficas, seccións de prensa, períodos cronolóxicos e medios concretos.

Para acceder a este recurso ten que introducir o número de usuario que aparece no seu carné da biblioteca e o seu contrasinal. 

 2. Hemeroteca de prensa histórica : 
Acceso libre a varias coleccións de prensa histórica dixitalizada.

Prensa galega
Outras hemerotecas

Libros electrónicos Acceso a obras de referencia en formato electrónico sobre o Antigo Exipto, filosofía, música, relixión e saúde.

Para utilizar istes servizos da biblioteca dixital so é necesario dispoñer do carné de socio da biblioteca. Co número de usuario e un contrasinal poderemos acceder a todo un mundo de recurso de información e coñecemento, que podemos consultar dende as computadoras da biblioteca ou calquera outra con acceso a Internet.

Pola súa banda, a BPM de Brión conta cunha subscrición propia a PLANETA SABER: Gran Enciclopedia Planeta

Novas no X (Twitter) e no Facebook

 X (Twitter) e Facebook son medios que a biblioteca emprega con regularidade para a difusión das novas e avisos, así coma artigos e recursos na prensa sobre o libro, a lectura ou as novas tecnoloxías da información e a comunicación. X (Twitter) da biblioteca) | Facebook da biblioteca.