CATÁLOGOS


A biblioteca municipal dispón da xestión automatizada dos seus servizos dende hai anos. Pioneiros na comarca no uso de ferramentas informáticas para a catalogación e xestión do seu fondo, en 1998 comezou a empregar o programa Meiga 3 coa que iniciou o rexistro da totalidade dos materiais da colección, así coma a xestión informatizada do servizo de empréstito a domicilio. Posteriormente actualizaríase ao Meiga 2001, para empregar na actualidade o programa Proxecto Meiga.

O resultado é un Catálogo informatizado que nos permite procurar os libros por diferentes índices: título, autores, editoriais, series, materias, etc. Deste xeito, sabemos en todo momento os libros que temos e en que sección da biblioteca están localizados.

A utilización da aplicación de xestión bibliográfica Proxecto Meiga permítenos dispor do noso catálogo en Internet, para un acceso libre á consulta por parte dos usuarios dende calquera computadora conectada á Rede. Introducindo no navegador o seguinte enderezo electrónico: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/, e tras seleccionar dentro do apartado de bibliotecas públicas municipais a do Concello de Brión, accedemos á totalidade dos recursos da biblioteca, así como a varios servizos máis de valor engadido.

ACCESO DIRECTO AO CATÁLOGO WEB DA BIBLIOTECA