CLUB CAMALEÓN
A historia do camaleón
No mes de xullo, un día que o bibliotecario estaba limpando os andeis da biblioteca e colocando os libros da sección infantil, atopou agochado no medio dos libros dun dos caixóns un animal moi raro, nin grande nin pequeno, con ollos saltóns que xiraban en todas as direccións, unha cola moi longa e unha lingua aínda máis longa que o rabo.
Era un camaleón!!
Pero era un camaleón moi raro, era case transparente, non tiña cores.
Cando o bibliotecario lle preguntou quen era, de onde viña, como entrara na biblioteca…, o camaleón quedou pampo, con cara de non saber nin onde estaba e, efectivamente, iso era o que lle pasaba, perdera a memoria e non lembraba nin tan sequera o seu nome.
Desde ese día o camaleón vive na biblioteca, entre os libros, lendo contos e historias a ver se así se lembra de algo. Dálle moita moita vergonza estar case espido, sen cores, e por iso nunca deixa que ninguén o vexa, tan só se achega de vez en cando onda o bibliotecario, cando ten ganas de falar.
Este ano entre todos imos axudarlle ó camaleón a recuperar as súas cores para que así non teña vergonza e se deixe ver e deste xeito poder axudarlle tamén a recuperar a súa memoria e saber quen é, de onde vén, se ten amigos ou familia.
Axúdanos a darlle cor ó noso camaleón. Pincha nas imaxes e descarga o debuxo. Logo, imprímeo e coloréao.
|
|
|
Camaleón nº 1 para pintar |
|
Camaleón nº 2 para pintar |
O noso club, agora coa vella do Peto e o vello Sofío:
Inscríbete no novo Club
Camaleón e participa n
unha nova proposta lúdíca e didáctica da man de
Mancuco Animación, unha actividade de animación á lectura da que podes formar
parte se tés entre
3 e 8 anos de idade.
Todos os sábados, de 12:00 a 13:15 horas (aprox.), os nenos e nenas
inscritos participarán en diferentes e divertidas actividades como
xogos, conta contos, obradoiros, etc. que se celebrarán na BPM de Brión.
A actividade é totalmente de balde.
En que consiste o Club Camaleón
Mancuco Animación realiza esta campaña de animación a lectura e dinamización lingüística que vai estar dirixida a crianzas de 3 a 8 anos e proporá diversas actividades:
- Dinámicas de grupo e xogos de presentación coa linguaxe e as palabras.
- Obradoiros creativos.
- Xogos activos de exterior.
- Lecturas colectivas de libros.
- Charlas formativas sobre as bibliotecas e o seu funcionamento.
- Obradoiros: escritura creativa, banda deseñada, encadernación (como se fai un libro), creación de personaxes.
- Achegamento a outras culturas e lugares xeográficos.
- Sexamos xornalistas: creación dunha revista e un xornal.
- Visitas culturais, de escritores.
- Achegamento ao mundo da dramaturxia con monicreques.
Desta xeira, o
Superlectoriño cede o paso a dous entrañables personaxes, a
vella do Peto e o
vello Sofío
que nos van guiar nunha emotiva andaina entre libros e lecturas. Porque
no Concello de Brión reside moita xente maior á que o paso do tempo foi
enriquecendo en experiencia de vida, converténdoos en persoas moi
valiosas con moitísimos recursos para compartir.
Cunha misteriosa manta máxica e coa axuda das nenas e dos nenas de
Brión, viaxarán a través do tempo para coñecer a escritoras e escritores
e vivir aventuras relacionadas co mundo dos libros, tratando de
descubrir que lle aconteceu ao Superlectoriño e a “Os aliados contra o cuarto inimigo”, pois desapareceron sen deixar rastro.
Para saber máis ou inscribirte na
actividade, chama ao número de teléfono: 981 50 99 69
(biblioteca)
Continúa a súa andaina o club de lectura, unha actividade de dinamización dirixida a maiores de 16 anos con gañas de compartir experiencias lectoras con outras persoas. A idea é reunirnos periodicamente para realizar unha posta en común de libros que previamente leremos de xeito solidario.
Para inscribirte no club de lectores da biblioteca só é necesario que che guste ler (ou que queiras iniciarte neste enriquecedor hábito) e que lle dediques un pouco do teu tempo de lecer ás xuntanzas periódicas que faremos. Diríxete á biblioteca ou chama ao tfno.: 981 50 99 69 para participar nesta actividade.
Vindeira lectura e xuntanza:
Título: "A nosa negra" de Harriet E. Wilson
Limítrofe coa crónica autobiográfica, a obra narra a crúa vida de
Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non
escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo
tanto, coa coñecida como narrativa da escravitude, xa existente en
América do Norte dende o século XVIII.
Se ben hoxe, grazas aos múltiples estudos, revisións e reedicións do
texto (sobre todo a partir da década de 1980), é posible cualificalo de
referencial, no momento da súa aparición non tivo unha boa acollida, en
parte por pensarse que a obra ía destinada en exclusiva ao lectorado
negro, e en parte por focalizar a denuncia non tanto no escravismo dos
estados suristas coma no uso da indentured servitude (servidume
non asalariada de corte colonial) como sustento económico do norte;
isto é, o maltrato e abuso da poboación negra por parte da sociedade
branca. Esta crítica explícita ao funcionamento económico do norte
limitou, no mellor dos casos, a promoción da obra. Século e medio máis
tarde, A nosa Negra considérase un texto imprescindible no ámbito das letras afroamericanas.
Fonte: Editorial Hugin e Munin
Data da reunión: 18 de marzo
Hora: 20:00 h.
Lugar: B.P.M. de Brión, Carball
eira de Santa Minia nº 2.