BOOKCROSSING :: INTERCAMBIO DE LIBROS


::Colle o teu libro e corre!::

Trátase dun punto permanente de solta de libros onde ficarán materiais que a biblioteca pon a libre disposición das usuarias e dos usuarios. Son exemplares en bo estado de conservación, procedente das expurgacións da colección, baixas, materiais duplicados, doazóns, etc. que poderás retirar para darlle unha segunda (ou terceira) vida na túa biblioteca particular. As caixas ficarán de xeito permanente, renovándose o seu contido con regularidade.