En agosto e setembro a biblioteca adapta de novo o seu horario á tempada estival. Consultao premendo nesta ligazón.

PRESENTACIÓN






Fundada en 1989, a Biblioteca Municipal de Brión pretende ser un centro de recursos para a información, a cultura, a educación e o lecer; sempre á disposición de todos os cidadáns que queiran acceder ao libro, a lectura e as TIC como actividades lúdicas e enriquecedoras.
Seguindo as recomendacións da UNESCO a biblioteca municipal afronta as seguintes misións clave, referentes á información, a educación e á cultura:

1. Crear e consolidar os hábitos de lectura nos nenos desde os primeiros anos.
2. Prestar apoio á educación, tanto individual como autodidacta, así como á educación formal en todos os niveis.
3. Brindar posibilidades para o desenvolvemento persoal creativo.
4. Estimular a imaxinación e creatividade de nenos e novos.
5. Fomentar o coñecemento do patrimonio cultural, a valoración das artes, dos logros e innovacións científicos.
6. Facilitar o acceso ás expresións culturais de todas as manifestacións artísticas.
7. Fomentar o diálogo intercultural e favorecer a diversidade cultural.
8. Prestar apoio á tradición oral.
9. Garantir aos cidadáns o acceso a todo tipo de información da comunidade.
10. Prestar servizos adecuados de información a empresas, asociacións e agrupacións de ámbito local.
11. Facilitar o progreso no uso da información e a súa manexo a través de medios informáticos.
12. Prestar apoio e participar en programas e actividades de alfabetización para todos os grupos de idade e, de ser necesario, inicialos.

Actuacións:

· Información xeral
· Servizo de consulta en sala
· Servizo de empréstito a domicilio
· Servizo de información e referencia
· Servizo de publicacións periódicas: La Voz de Galicia, El Mundo, El País, Tierras de Compostela...
· Servizo de acceso a Internet (Postos fixos e Wi-Fi)
· Servizo de reprografía
· Suxestións sobre novidades bibliográficas
· Promoción do libro e da lectura
· Centro de recursos para o lecer, a formación e a información.

Horarios de apertura da biblioteca:

De luns a venres: de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.
Sábados: de 09:00 a 14:00 horas.