HORARIO DE SEMANA SANTA

Do 25 ao 27 de marzo:
Mañás: 10:30 a 13:30 h.
Tardes:16:30 a 19:30 h.

Os días 28 e 29 de marzo a biblioteca permanecerá pechada.

martes, 23 de febreiro de 2016

O 24 de febreiro, #mobilizarosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía (data do nacemento da poeta). Unha efeméride na que queremos lembrar e reivindicar a obra desta insigne figura das nosas letras, tan vinculada con Brión a través do seu coñecido poema “Campanas de Bastavales”.
Co gaio desta celebración, a BPM de Brión ten a disposición dos seus usuarios unha escolma bibliográfica con libros, e outros recursos audiovisuais, vinculados coa autora de “Follas novas”. Unha selección que podemos atopar na sala principal nun expositor monográfico onde se poden consultar estes recursos, que tamén están dispoñibles para préstamo.
Porque Rosalía é nosa e tamén universal. Por iso que non perdas ocasión de difundir no Twiter a obra dunha muller adiantada ao seu tempo, a través de #mobilizarosalía. Atendendo a recomendación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), propoñémosche mobilizar a Rosalía a través das redes sociais, como ela mobiliza a nosa conciencia colectiva.
Ligazón con Día de Rosalía de Castro 2016 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

0 comentarios :

Publicar un comentario