En agosto e setembro a biblioteca adapta de novo o seu horario á tempada estival. Consultao premendo nesta ligazón.

Biblioteca pública municipal de Brión

Estamos na Carballeira de Sta Minia dende 1989.

Un amplo espazo dominado pola luz

Sala xeral. Estudo, lectura e acceso a Internet.

Para os máis pequenos, un espazo de seu.

Sala infantil, cálida e luminosa.

Unha biblioteca aberta ás novas tecnoloxías

Acceso á información a través dos novos soportes dixitais.

Ven, entra e coñécenos

A biblioteca de todos e cada un.

martes, 23 de febrero de 2016

O 24 de febreiro, #mobilizarosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía (data do nacemento da poeta). Unha efeméride na que queremos lembrar e reivindicar a obra desta insigne figura das nosas letras, tan vinculada con Brión a través do seu coñecido poema “Campanas de Bastavales”.
Co gaio desta celebración, a BPM de Brión ten a disposición dos seus usuarios unha escolma bibliográfica con libros, e outros recursos audiovisuais, vinculados coa autora de “Follas novas”. Unha selección que podemos atopar na sala principal nun expositor monográfico onde se poden consultar estes recursos, que tamén están dispoñibles para préstamo.
Porque Rosalía é nosa e tamén universal. Por iso que non perdas ocasión de difundir no Twiter a obra dunha muller adiantada ao seu tempo, a través de #mobilizarosalía. Atendendo a recomendación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), propoñémosche mobilizar a Rosalía a través das redes sociais, como ela mobiliza a nosa conciencia colectiva.
Ligazón con Día de Rosalía de Castro 2016 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

jueves, 4 de febrero de 2016

En marzo, volve o camaleón! [Editado]

Despois do Entroido, regresa á biblioteca o Club Camaleón. Programada inicialmente para o venres 26 de febreiro, a actividade ten que aprazarse unha semana. A nova data de celebración vai ser o venres 4 de marzo, ás 18:00 h. A sala infantil da biblioteca municipal acollerá un novo serán de entretidas actividades de animación á lectura destinadas a nenos/as de 3 a 8 anos de idade.
Paco Papán, o camaleón lector, espera por vós para participar nunha divertida sesión na que xa podedes reservar a vosa praza inscribíndovos totalmente de balde na biblioteca. A que esperades, nenos e nenas, papás e mamás, avós e avoas... Paco Papán está argallando un serán ao que todos estades convidados. Por favor, non faltedes.

"La analfabeta que era un genio de los números" de Jonas Jonasson, vindeira lectura do Club

Deixamos en Vigo ás protagonistas do “Club da calceta” e viaxamos ata Suecia da man de Nombeko, unha nena sudafricana criada no Apartheid e dotada dun portentoso talento para as matemáticas e unhas infinitas gañas de aprender.
Falamos da última novela de Jonas Jonasson, un escritor escandinavo acostumado a vender centos de miles de exemplares en todo o mundo. “La analfabeta que era un genio de los números”, editada no noso pais en 2013 por Salamandra, cóntanos a historia desta rapaza orfa que traballa limpando en Sudáfrica, á que o destino tenlle reservada outra sorte. Un talento insólito para os números e unha curiosidade infinita para aprender, lévana a vivir a Suecia, onde convivirá con personaxes excéntricos e perigosos: tres chinesas moi imprudentes, un estadounidense ceramista e desertor do Vietnam, dous axentes do Mosad, dous irmáns xemelgos que oficialmente son unha soa persoa, unha activista que vai contra todo, unha condesa que se dedica a cultivar patacas, o secretario xeral do partido comunista chinés Hu Jintao, o rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e o seu primeiro ministro Fredrik Reinfeldt.
Para comentala e poñer en común a nosa experiencia lectora, reunirémonos o día 2 de marzo ás 20:30 h. na biblioteca municipal.