HORARIO DE SEMANA SANTA

Do 25 ao 27 de marzo:
Mañás: 10:30 a 13:30 h.
Tardes:16:30 a 19:30 h.

Os días 28 e 29 de marzo a biblioteca permanecerá pechada.

martes, 24 de febreiro de 2015

24 de febreiro, Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía (24 de febreiro, día do nacemento da poeta). Unha efeméride na que queremos lembrar a esta insigne figura das nosas letras cun fragmento dun significativo poema seu que vincula a figura de Rosalía co noso concello. Sobran as presentacións...







Campanas de Bastabales:
cando vos oyo tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oyo tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno á chorar.

Cando de lonxe vos oyo,
penso que por min chamades,
e d'as entrañas me doyo.

Dóyome de dor ferida,
qu'antes tiña vida enteira
y hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que d'aló me trouxeron
os que d'aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Qu'os amores xa fuxiron...
As soidades viñeron...
De pena me consumiron.


.....

Tomando prestados os versos adicados a Rosalía por Curros Enríquez, so nos queda dicir...
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!,
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

0 comentarios :

Publicar un comentario